sábado, 19 de enero de 2008

VOTO POR CORREO NAS PRÓXIMAS ELECCIÓN XERAIS DO 9 DE MARZO DE 2008.

Dende o día 15 de Xaneiro ó 28 de Febreiro pódese face-la solicitude do voto por correo.
As persoas que non estean na data da votación no seu enderezo habitual na localidade onde lles corresponda votar, deben presenta-la petición persoalmente diante de calquera das oficinas de Correos de España co seu D.N.I.
Igualmente esta solicitude vai dirixida a aquelas persoas que por incapacidade ou enfermidade (acreditada mediante o respectivo certificado médico) non puideran exerce-lo seu dereito ó voto. Farano a través da persoa autorizada notarialmente. Ambos requisitos se levan a práctica gratuitamente. Tamén de darse o caso, os residentes no estranxeiro que se atopen en España poden votar deste xeito, poñendo unha X na casilla de residentes no estranxeiro.
É de suma importancia o anterior, xa que sempre hai colectivos, ou persoas que na data da votación (9 de marzo)teñan previsto estar fora, como puideran ser os estudiantes, os traballadores temporais, viaxes programados dos maiores, etc.

O envio por correo certificado do voto ten que remitirse antes do 5 de marzo.

Asemesmo os electores residentes en España, que se atopan tempotralmente no estranxeiro, poden votar por correo. Deben figurar inscritos no rexistro de Matrícula, constar como non residentes e solicitar a documentación para exercer o seu dereito o sufragio dende o extranxeiro a correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, non máis tarde do día 9 de febreiro. Dita solicitud deberá entregarse personalmente na Oficina Consular de Carrera o Sección Consular de Embajada.

NON DUBIDES EN FACER CALQUERA TIPO DE CONSULTA.

No hay comentarios: