miércoles, 23 de enero de 2008

Zp nos Hunde..........

http://www.youtube.com/watch?v=Dq-Uh6vEeM8
El Partido Popular aporta soluciones reales.

"ZP Caradura 2008"

http://www.youtube.com/watch?v=k0eNWRO85tw

Nunca un video habia definido tan bien a una persona, "España arde y el tonto se ríe"....no os lo perdais!

sábado, 19 de enero de 2008

VOTO POR CORREO NAS PRÓXIMAS ELECCIÓN XERAIS DO 9 DE MARZO DE 2008.

Dende o día 15 de Xaneiro ó 28 de Febreiro pódese face-la solicitude do voto por correo.
As persoas que non estean na data da votación no seu enderezo habitual na localidade onde lles corresponda votar, deben presenta-la petición persoalmente diante de calquera das oficinas de Correos de España co seu D.N.I.
Igualmente esta solicitude vai dirixida a aquelas persoas que por incapacidade ou enfermidade (acreditada mediante o respectivo certificado médico) non puideran exerce-lo seu dereito ó voto. Farano a través da persoa autorizada notarialmente. Ambos requisitos se levan a práctica gratuitamente. Tamén de darse o caso, os residentes no estranxeiro que se atopen en España poden votar deste xeito, poñendo unha X na casilla de residentes no estranxeiro.
É de suma importancia o anterior, xa que sempre hai colectivos, ou persoas que na data da votación (9 de marzo)teñan previsto estar fora, como puideran ser os estudiantes, os traballadores temporais, viaxes programados dos maiores, etc.

O envio por correo certificado do voto ten que remitirse antes do 5 de marzo.

Asemesmo os electores residentes en España, que se atopan tempotralmente no estranxeiro, poden votar por correo. Deben figurar inscritos no rexistro de Matrícula, constar como non residentes e solicitar a documentación para exercer o seu dereito o sufragio dende o extranxeiro a correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, non máis tarde do día 9 de febreiro. Dita solicitud deberá entregarse personalmente na Oficina Consular de Carrera o Sección Consular de Embajada.

NON DUBIDES EN FACER CALQUERA TIPO DE CONSULTA.

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.


El Alcalde de Baiona, Jesús Vazquez Almuiña.

Faro de Vigo: Jueves 3 de Enero de 2008

"BAIONA DESGRAVARÁ HASTA UN 80% DEL IBI A LAS FAMILIAS NUMEROSAS"


Modificación do artigo de bonificacións.

As vivendas que constituan a residencia habitual de familias numerosas gozarán dunha bonificación na cota integra do imposto de acordo coas seguintes categorias:

-Xeral: bonificación do X% (sendo mínimo o 50%) para aqueles suxeitos pasivos titulares de familias numerosas con tres ou catro fillos ou que tendo dous fillos un deles sexa discapacitado ou estea incapacitado para o traballo.

-Especial: bonificación do X%(sendo o mínimo o 75%) para que aqueles suxeitos pasivos titulares de familias numerosas de máis de catro fillos.

Aos efectos de clasificación na categoría xeral ou especial anterior, estarase ao disposto na Lei 40/2003 do 18 de novembro de Protección ás Familias Numerosas.

Terá a consideración de vivenda habitual a que figure como residencia no Padrón Municipal.

Os suxeitos pasivos do imposto deberán presentar xunto coa solicitude de bonificación os documentos oficiais acreditativos da súa condición de familia numerosa.

MEDIDA PARA FOMENTA-LA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL APOSTANDO POLO "ECO-LIBERALISMO"

Modificación do artigo de bonificacións:

"...Terán unha bonificación do 75% na cota do imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, durante cinco anos naturais contados dende a data de primeira matriculación. Os contribuíntes que adquiran un vehículo electrico, de biodiésel ou movido por hidróxeno, asi coma os que adquiran un vehículo novo con catalizador homologado en substitución doutro que non dispuxera del, sempre que acrediten que o devandito vehículo será destinado a desguace.

Deberá presentarse a fixcha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorias anteriormente previstas".

O PP MODIFICA A ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATURALEZA URBANA (PLUSVALÍAS)

Modidicación do artigo de bonificacións.

Nas tranmisións da propiedade da vivenda habitual do causante ou na constitución ou trasmisión dun dereito real de goce limitado de dominio sobre o referido ben, realizadas a título lucrativo por causa de morte, aplicarase unha bonificación do 95% da cota cando sexan realizadas a favor do cónxunxe viuvo ou persoa que acredite que convivira co causante con análoga relación de afectividade,ascendentes, por naturaleza ou adopción.
Esta bonificación concederase, no seu caso, previa solicitude do suxeito pasivo dentro do plazo establecido para presentar a autoliquiodación.

viernes, 18 de enero de 2008

Benvidos o Blog do PP!
Este blog foi creado para todas aquelas persoas afins o Partido e as que non o son.
Esperamos ver os vosos comentarios e suxerencias sobre os feitos do PP a tódolos niveis. O PP de Baiona está aquí para escoitarvos e como non para aprender das vosas críticas, pois non nos olvidemos que o deber do bó político e mellora-la vida dos seus concidadáns.